WeShow selecciona os mellores vÃdeos que hai na Rede
venres, 13 de xullo do 2007
Nos
pasados dÃas estreouse un servizo que, aÃnda que non é moi orixinal, de
seguro que será o agrado de moitos usuarios que buscan no vÃdeo na Rede dun
xeito de lecer moi socorrido. A nova web é unha especie de guÃa de vÃdeos
coñecida coma WeShow, que destaca
por contar cun equipo humano que coida dos contidos de xeito que se achega ós
mellores vÃdeo de webs coma YouTube, DailyMotion, Metacafe ou Google Video (ata
máis de 20 servizos deste tipo) que mesmo recompilan nun concurso mensual no que poden votar
os usuarios das distintas edicións locais desta web, que ten versións
diferenciadas para Estados Unidos, Reino Unido e Brasil.
|
|
O novo servizo permite explorar os vÃdeos por canles temáticas (famosos, humor,
música, novas, vÃdeos virais, pelÃculas...), cualificacións (os máis recentes,
os máis vistos e os máis comentados) e mediante etiquetas (que se poden ver
nunha nube). Pretenden asà atender á
demanda de filtrado por parte dos usuarios, que se senten asolagados polo
número de vÃdeos que aparecen diariamente na Rede.
WeShow tamén
contribúe á creación de vÃdeos en liña
coa publicación dun clip diario no
que se amosan algúns dos vÃdeos máis populares, que sorprende especialmente por
ser distinto nas súas edicións locais, polo que podemos seguir a WeShow TV tanto en portugués
coma en inglés.
