WhatsApp fai máis doada a creación de adhesivos

mércores, 6 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Os usuarios da versión beta de WhatsApp para Android están xa a poder gozar dunha funcionalidade dispoñible en WhatsApp Web e na versión para iOS da aplicación: o editor de adhesivos. Deste xeito ultímase a xeneralización dunha ferramenta que facilite a creación e personalización dos adhesivos que tan populares son nesta plataforma de mensaxería.
A nova función permite editar os adhesivos que teñamos descargados no noso dispositivo, para así poder escribir texto ou debuxar sobre os mesmos para crear un adhesivo novo, aínda que o máis interesante deste editor é a posibilidade de crear un adhesivo a partir de imaxes que teñamos en WhatsApp, simplemente escollendo a opción de Crear sticker, tras o que podemos editar o adhesivo creado automaticamente.
Prevese que esta función chegue a todos os usuarios de WhatsApp en poucas semanas.

PUBLICIDADE