WiiMusic, o novo xogo musical de Nintendo

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Nintendo presentou no E3 de Los Angeles o que será o xogo WiiMusic, e foi o propio Miyamoto o que fixo unha demostración en directo do funcionamento deste xogo musical que non precisará accesorios adicionais para funcionar na consola doméstica de Nintendo. Este novo xogo fuxe totalmente da idea dos xogos actuais, de xeito que non presenta un control preciso dos instrumentos utilizados (que van dende a batería ata a trompeta) senón que optar por dar ao xogador un manexo intuitivo máis apto para xogadores casuais que só buscan uns momentos de diversión.
O xogo é moi sinxelo, e nos permite elixir un instrumento, tralo que nos poremos directamente a tocalo virtualmente seguindo un metrónomo, e aínda que non sexa un título que vaia destacar tecnicamente, parece que vai garantir diversión durante partidas cos amigos.
O mellor para entender as posibilidades do xogo é ver a presentación de Miyamoto no E3:


Tamén podemos ver o trailer oficial do xogo, que nos permite ver o que se verá na pantalla durante as partidas: