Windows Live Translator abre a súa fase de probas

luns, 17 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Microsoft incorpora a súa familia de produtos Live un tradutor en fase beta que non se limite á tradución de textos introducidos nun formulario, senón que tamén permite traducir páxinas web e navegar polas mesmas coma se estivesen no idioma seleccionado.
Esta aplicación fai doado explorar contidos en árabe, xaponés, chinés, coreano, holandés, portugués, italiano, francés, alemán ou ruso, coas limitacións inherentes á tradución automática, destacando ó presentar distintos xeitos de ver as traducións: pantalla partida horizontal ou vertical para comparar a web orixinal coa súa tradución ou ver a páxina amosándose a tradución (ou a versión orixinal) de cada texto ó situar o punteiro do rato sobre o mesmo.
As traducións son bastante rápidas, e mesmo se pode crear un código para establecer un atallo nas nosas webs que nos leven á tradución das mesmas a distintos idiomas.

PUBLICIDADE