Withings presenta un reloxo de pulso capaz de realizar electrocardiogramas
luns, 7 de xaneiro do 2019
A
incorporación da función de electrocardiograma no Apple Watch Series 4 semella
que causou sensación (aÃnda que a España aÃnda non chegou tal prestación, por
ter que agardar á autorización das axencias europeas correspondentes por considerarse
un produto de saúde), e aÃnda que os sensores deste tipo poden adquirirse a
xeito de accesorio, dende Withing tiveron a ben seguir os pasos da compañÃa da
mazá e acudiron
ao CES de Las Vegas cun novo produto: o reloxo de actividade Move ECG.
Este reloxo que sairá á venda en primavera vén ser unha variante do Withings Move, reloxo
de pulso con funcións de pulseira de actividade, que cunha estética de reloxo
analóxico serve tamén para rexistrar os pasos, as carreiras, o sono, o nado... pero que nesta nova versión inclúe un sistema
de electrocardiograma que pode empregarse en calquera momento.
A intención deste reloxo con baterÃa para 12 meses é poder detectar problemas
cardÃacos, como arritmias, o que pode axudar a previr infartos de miocardio e,
especialmente, detectar certos problemas antes de que se presenten sÃntomas evidentes,
de xeito que temos unha ferramenta orientada principalmente á prevención.
Aparte da grande autonomÃa, ao estarmos ante un dispositivo resistente á auga,
pode levarse todo o vÃa posto, conseguindo asà un completo rexistro da
actividade fÃsica.
Para realizar un electrocardiograma co Move ACG chega con abrir a aplicación
móbil do accesorio e suxeitar cun par de dedos a caixa do reloxo durante 20
segundos, tras o que teremos o electro
na aplicación, facilitando asà incluso o envÃo do resultado a un especialista.
O prezo deste reloxo de Withings está
previsto que sexa duns 130 dólares.