Wuaki.tv estréase na PlayStation 3
venres, 30 de agosto do 2013
As plataformas de vÃdeo baixo demanda a través da Internet
están a emerxer con forza, e aÃnda que en España non temos nada comparable a
Netflix, o máis parecido poderÃa ser Wuaki.tv, servizo que está dispoñible
dende o ordenador, para certos Smart TV, a través de aplicacións
para iOS e para
Android e incluso en consolas de videoxogos. Na Xbox 360 hai tempo que
podemos acceder a este servizo, pero agora estréase na PlayStation 3 (podemos
atopalo en Servicios de TV/VÃdeo->Mis
canales), e para
celebralo están a ofrecer ofertas para os usuarios da PS3.
Por unha banda temos que mediante o código wuakiplay
podemos ter un primeiro aluguer de balde no servizo, e por outra banda, os
subscritores de PlayStation Plus tamén poderán contratar un plan Premium de
Wuaki.tv pagando só 4,17 euros/mes durante o primeiro ano (en vez dos 6,99
euros/mes habituais) introducindo o código wuakipsnp.
Este plan Premium ofrece acceso ilimitado a máis de 2.000 tÃtulos de cine e
series de televisión, que tamén podemos probar de balde por un mes e que carece
de compromiso de permanencia. As pelÃculas de estrea, pola contra, ofrécense
habitualmente a prezos de entre 1,99 e 3,99 euros entre as que figuran os
filmes que están a estrearse en soporte fÃsico nestas datas como Iron Man 3, Posesión Infernal e Oblivion.
