Xa é posible sintonizar Atreseries HD
mércores, 23 de decembro do 2015
O panorama audiovisual español continúa a remexerse cos
cambios na TDT, e comeza agora a nova xeira de incorporacións á oferta en
aberto de Televisión Dixital Terrestre, no que é unha aposta por unha maior
oferta de contidos e cunha mellor calidade. A compañÃa que non quixo agardar a
2016 para mover ficha é Atresmedia, que xa está a ofrecer a nova canle de alta definición
Atreseries, que supón unha
importante aposta pola ficción española, con series como Aquà no hay quien viva, Los hombres de Paco, Un Paso Adelante, FÃsica o QuÃmica ou as máis recentes Allà Abajo, Gran Hotel. Mar de Plástico ou Velvet. Por desgraza, moitos destes contidos non están dispoñibles en alta definición e incluso en formato panorámico, polo que algunhas das emisións non aproveitan a calidade de imaxe e son da que poderÃa facer gala a nova canle.
Pero non só de ficción española vive Atreseries, senón que tamén
ten pelÃculas (como Pancho, el perro
millonario ou Pájaros de papel), programas
de produción propia (comezando
por un presentado por Maxi Iglesias e Sara Escudero) e series de ficción
estranxeiras (como Covert Affairs, Person of Interest, El Mentalista, Bones, Ley y Orden ou Bajo Sospecha) ás que se incorporarán varias estreas absolutas en
aberto en España (UnREAL, Cites, Satisfaction, Bates Motel
e Looking).
Os usuarios que queiran poder gozar de Atreseries HD deberán resintonizar os
seus televisores, non sendo precisa a reantenización de anteriores cambios na
TDT. Aparte de Atreseries, tamén aparecen nos televisores unha versión de alta
definición da canle Boing, deixando constancia que está a actualizarse o cadro
de canles das que imos poder gozar nos vindeiros meses.

- Velvet é unha das series que poderán seguirse en Atreseries
