Xa pode mercarse Let’s Sing 2025
mércores, 6 de novembro do 2024
O xogo Let’s Sing 2025 chega por fin as tendas nas súas versións para Nintendo Switch, PlayStation 4, PlayStation 5, Xbox One e Xbox Series X|S, coa súa tradicional proposta de diversión con amigos e familia a través da música, para o que recolle temas musicais de artistas españois (como Karol G e Pablo Alborán) e internacionais (como Justin Bieber e Ariana Grande).
Este xogo musical conta con variedade de modos de xogo para até 4 xogadores cos seus micrófonos (podendo converterse calquera smartphone nun micrófono a través dunha aplicación móbil).
Let’s Sing 2025 chega cun completo catálogo de cancións, que poden ampliarse a través dun Pase VIP que achega máis de 150 temas de distintos xéneros. Con cada copia do xogo ofrécese un mes de subscrición (4 meses no caso da Gold Edition e 13 meses no caso da Platinum Edition).
Aparte de poder xogar en familia e cos amigos, podendo competir e colaborar, tamén se ofrece un renovado modo historia, que permite aos xogadores formar equipo con personaxes carismáticos e enfrontarse a retos nun camiño cara o éxito.
Tráiler de lanzamento de Let’s Sing 2025