Xa se pode acceder ao Canal Nintendo dende a Wii

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

Hoxe chegou a Europa o Canal Nintendo para a Wii, de xeito que os seus usuarios poden xa acceder a información relacionada co mundo de Nintendo (como moitos contidos sobre os xogos para Wii e DS) dende a propia consola. Tamén poderán descargar versións de demostración de xogos para DS e compartir opinións sobre xogos de Wii.
Entre os contidos incluídos podemos destacar vídeos en streaming con entrevistas, reportaxes e trailers; e no tocante ás demostracións descargables, polo momento hai dispoñibles as seguintes: 42 juegos de siempre (Damas), Picross, Big Brain Academy, Brain Training e Training for your eyes.

PUBLICIDADE