Xa se poden presentar webseries ao Carballo Interplay, que repartirá máis de 5.000 euros en premios
luns, 9 de outubro do 2017
Xa
comeza a facer ruÃdo un dos festivais máis queridos polos seareiros
do novo audiovisual, das novas tecnoloxÃas e polo público crecente
que constitúe o colectivo onde se xuntan e mesturan un eido (o
audivovisual) e mailo outro (as TIC). Estamos a falar do Festival
de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que vai pola súa quinta
edición e que semella vir con máis forza ca nunca para converter a
vila bergantiñá no Cannes das webseries (entre o 4 e o 7 de
abril do ano que vén). Segundo nos conta a súa principal impulsora,
Sonia DÃaz (xunto co Concello), xa está aberto arestora o prazo
presentarmos webseries ou
proxectos de webseries ao festival. Repartiranse máis
de 5.000 euros en premios. As persoas que queiran participar poden
facelo dende hoxe mesmo ata o 18 de febreiro na web
www.carballointerplay.com.
Segundo
engade DÃaz, as contribucións participantes, que deben ser
producidas entre os anos 2016 e 2018 e ter un mÃnimo de 3 capÃtulos
emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración,
temática, xénero, de imaxe real ou animación, estatais ou
internacionais. Respecto das categorÃas e das contÃas dos
galardóns, sinalar que das achegas recibidas, un xurado composto por
profesionais do mundo dos contidos en liña, do audiovisual e da
cultura, asà como de representantes de asociacións profesionais
relacionadas co sector, premiará a mellor webserie, a mellor
webserie internacional e a mellor webserie en versión
orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categorÃa.
A
escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. A
mesma contÃa recibirá a contribución gañadora do premio do xurado
novo, que nace nesta quinta edición do festival. Tamén haberá un
premio ao mellor guión e un premio á mellor dirección, dotados con
200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á
mellor actriz e ao mellor actor.
Por
outra banda, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de
1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O
galardón resolverase cun pitching en directo durante o
festival e a dotación económica deberá destinarse á produción
dos primeiros capÃtulos da webserie premiada, que se
proxectarán na sexta edición do festival.
