Xaneiro contará cunha magnÃfica selección de Xogos con Gold
venres, 20 de decembro do 2019
Microsoft quere que os subscritores de Xbox LIVE rematen o
ano con bo sabor de boca, e anuncia
os Xogos con Gold que recibirán no mes de xaneiro, e que permitirán un mes
moi animado con tÃtulos de bastante peso.
O primeiro xogo de Xbox One en chegar en xaneiro será Styx:
Shards of Darkness, unha aventura de sixilo na que controlaremos ao
trasgo Styx na súa misión de infiltración na cidade dos elfos escuros para
completar un roubo único; este xogo estará seguido polos 5 episodios que
conforma a primeira tempada de Batman:
The Telltale Series, aventura que meteranos na pel de Bruce Wayne nun
dos seus momentos máis difÃciles, sen que falten inimigos como Dúas Caras, o
PingüÃn ou Catwoman.
O primeiro xogo de Xbox 360 retrocompatible con Xbox One en xaneiro será Tekken 6,
un dos mellores xogos de loita da pasada xeración de consolas; seguirao LEGO
Star Wars II: The Original Trilogy, tÃtulo que regresa á triloxÃa
orixinal de Star Wars pasada pola lente de LEGO, o que engade humor e diversión
para toda a familia.
Temos aquà unha das mellores seleccións de Xogos con Gold do ano, o que posiblemente
busque ser un incentivo para que os xogadores que se fagan cunha Xbox One no
Nadal teñan claro subscribirse a Xbox LIVE Gold por considerar que as
recompensas pagan a pena.

- A aventura de Batman narrada por Telltale é un interesante achegamento ao gardián de Gotham

- Co recente peche da saga Skywalker nos cines resulta moi oportuno poder gozar dunha das entregas de LEGO Star Wars
VÃdeo de presentación dos Xogos con Gold de xaneiro
