Xbox LIVE Gold será de balde esta fin de semana

venres, 1 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Xogar en liña coa Xbox One precisa dunha subscrición de pagamento a Xbox LIVE, e para animar aos xogadores a subscribirse até o domingo celébranse os Free Days For All, ou sexa, que o xogo en liña para consolas Xbox será de balde toda a fin de semana.
Durante os vindeiros días quen teña unha Xbox One poderá así gozar de xogos como Fortnite na súa consola, enfrontándose a xogadores de todo o mundo, e probando así os beneficios de ser subscritor Gold, xa que Microsoft presume dende a primeira Xbox de contar cunha das mellores plataformas de xogo en liña, de xeito que confían claramente en que catar o servizo convenza a moitos para pagar por el.

PUBLICIDADE