Xbox Series X será a consola de nova xeración de Microsoft
venres, 13 de decembro do 2019
Os The Game Awards, premios que algúns queren
considerar como os Oscars dos videoxogos, non teñen moita relevancia
polos galardóns entregados durante a súa gala, senón polas presentacións que se
fan na mesma, e na edición deste ano a sorpresa chegou da man de Microsoft, que
non quixo agardar ao ano que vén para presentar a súa vindeira xeración de
consolas, amosando
o deseño que terá a futura Xbox Series X.
A futura consola de Microsoft chegará a finais de 2020 co xogo Halo:
Infinite a xeito de estandarte, e suporá un importante salto en potencia e
concepto fronte ás anteriores consolas, pero mantendo un alto nivel de
retrocompatibilidade, de xeito que actualizar a Xbox non resultará traumático
nin comezar de tabula rasa como acontece con outras consolas.
Nos últimos meses xa adiantaran detalles sobre o novo Xbox Wireless Controller
que acompañará á Xbox
Series X, pero que o deseño da máquina sexa semellante ao dunha torre
informática sorprendeu a moitos, aÃnda que responsables de Microsoft non
tardaron en advertir que non será obrigatorio colocar a consola en vertical.
A Xbox Series X non só ofrecerá gráficos 4K a 60 imaxes por segundo como algo
normal, senón que tamén abrirá as portas a xogos ata a 120 imaxes por segundo
ou a gráficos en 8K; o seus sistema gráfico permitirá introducir á consola Xbox
na realista tecnoloxÃa de ray tracing; e o uso de unidades SSD tamén reducirá
drasticamente os tempos de carga, tanto para iniciar as partidas como para
cando nos movemos dentro de grandes escenarios (de xeito que a carga de
contidos non chegarÃa a percibirse polo xogador).
Microsoft aproveitou a presentación para anunciar tamén o xogo Senua’s
Saga: Hellblade II, secuela de Hellblade: Senua’s Sacrifice de
Ninja Theory, que procurará aproveitar ao máximo as posibilidades da Xbox
Series X. AÃnda que non todos os anuncios son a tan longo prazo, e tamén deron
conta de que Gears
Tactics, xogo de estratexia por quendas ambientado na saga de Gears
of War, chegará a PC o 28 de abril tanto na Windows Store como en Steam.
VÃdeo de presentación da Xbox Series X
