Xbox inicia as súas rebaixas de verán
venres, 30 de xuño do 2017
Cando comeza o verán chegan tamén as rebaixas nas distintas
tendas dixitais de videoxogos, e hoxe mesmo é cando Microsoft se lanza de cheo
ás promocións co seu Ultimate
Game Sale, un perÃodo de ofertas que afecta a máis de 350 xogos, hardware e
accesorios ata o 10 de xullo, co que buscan que os usuarios de Xbox poidan
adquirir xogos a un prezo atractivo para gozar dos mesmos durante o tempo
estival. Amais, os subscritores Gold recibirán un desconto adicional do 10%, de
xeito que estas ofertas son aÃnda máis atractivas.
Dende Microsoft destacan que entre os xogos en oferta están Halo
Wars 2, o lote
de Far Cry 4 con Far Cry Primal e Titanfall
2 a dende 32,55, 24 e 20 euros respectivamente; pero son moitas máis as
grandes ofertas para usuarios de Xbox One como Battlefield
1 por 28 euros, Dark
Souls III por 28 euros, Dead
Rising 4 por 35 euros, Deadpool
por 16,5 euros, FIFA
17 por 21 euros, Final
Fantasy XV por 29,99 euros, Gears
of War 4 por 32,49 euros, Quantum
Break por 21,45 euros, STEEP
por 35 euros ou Ultimate
Marvel vs. Capcom 3 por 14,99 euros.
Tamén hai numerosos xogos de Xbox 360 con descontos de ata o 85%, que grazas á
retrocompatibilidade de moitos dos mesmos poden supor unha excelente
oportunidade para facerse con grandes xogos a prezos axustados.
VÃdeo promocional do Ultimate Game Sale de Xbox
