Xbox sobe os seus prezos recomendados
venres, 2 de maio do 2025
A polÃtica arancelaria dos EE.UU., pola súa inseguridade, está a provocar que as compañÃas estean a adaptar os seus prezos en todo o mundo para preparar as súas contas para mitigar o impacto das novas cargas que terán que asumir no que resta de ano, facendo que outros paÃses teñan que soportar prezos máis elevados para evitar unha suba de prezos desproporcionada no mercado estadounidense.
Como exemplo temos a Microsoft, que vén de mudar os prezos dos produtos da liña Xbox dun xeito realmente sorprendente, xa que non está precisamente nunha posición de forza que lle permita elevar tanto os seus prezos.
Temos asà que en Europa as consolas Xbox Series S con 512 GB e 1 TB de almacenamento pasan a custar 349,99 e 399,99 euros respectivamente, mentres que as Xbox Series X pasan a custar 549,99, 599,99 e 699,99 euros nas súas versións dixital, con 1 TB de almacenamento e con 2 TB de almacenamento.
Os mandos tamén suben de prezo, de xeito que os modelos básicos terán un prezo oficial de 64,99 euros, os modelos en cor custarán 69,99 euros, e outras edicións móvense entre os 79,99 e os 199,99 euros.
Tamén apuntan que de cara á campaña de Nadal algúns dos xogos dos estudios de Xbox terán un prezo de lanzamento de 79,99 dólares, sen detallar como será a polÃtica de prezos no resto do mundo. E outro detalle que parece deixar claro que estamos ante un problema principalmente arancelario é que os auriculares oficiais de Xbox tamén incrementan o seu prezo, aÃnda que polo momento tal suba se limita a EE.UU. e Canadá.
Cómpre salientar que os produtos cos vellos prezos aÃnda se atopan dispoñibles en numerosas tendas en liña e, por exemplo, en tendas como Amazon aÃnda podemos atopar un mando oficial por 51,99 euros, unha Xbox Series S a 241,46 euros e unha Xbox Series X de 1 TB por 549 euros.