
Logo da intervención de Xesol, será a quenda da empresa de desenvolvemento de software Tecalis, con sede no Milladoiro (Ames), que mostrará os últimos avances na aplicación do blockchain ao mundo das transaccións (Tecalis, como lembraremos, é responsable da plataforma Signen, unha tecnoloxía de seu que permite asinar acordos entre dúas ou máis persoas a través de diferentes xeitos, algúns deles tan innovadores como os formatos de audio ou de vídeo).
De seguido, o director do IGAPE, Juan Cividanes, moderará a rolda de presentación de produtos innovadores, na que se mostrarán servizos e solucións concretas como a tecnoloxía de xeolocalización en interiores de Situm, a plataforma de gamifación Dogoplay de Cleventy, a plataforma de intelixencia nos negocios Obsidian de Ozona, a tecnoloxía de retransmisións multipantalla de Cinfo, a plataforma cocoERP Alimentación de AVA e a plataforma para xuntanzas virtuais e presenciais con validez legal de Councilbox. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, será o encargado de clausurar o evento. Está prevista a asistencia de grandes clientes potenciais e investidores privados.
Xesol, Tecalis e Situm mostran as súas revolucionarias tecnoloxías na Cidade da Cultura
Compartir Este Artigo
