Xornadas formativas de fotografía e vídeo en Lugo

venres, 7 de novembro do 2008 Raquel Noya

A Asociación de Fotógrafos Profesionais da Provincia de Lugo está a organizar, en base aos fondos asignados para a formación por Asimag, un ciclo de Xornadas formativas para fotógrafos e videógrafos, que dende o pasado 25 de outubro teñen lugar en distintos puntos da devandita provincia galega.
Os cursos que aínda faltan por celebrar, terán lugar os vindeiros fins de semana dos meses de novembro e decembro (ata o día 17), en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Cada xornada conta cun máximo de 25 prazas, que se irán cubrindo segundo a orde de inscrición dos interesados; esta deberá facerse cunha semana, como mínimo, de antelación e formalizarase enviando a fotocopia do DNI e do último recibo da SS ou nómina á dirección asociacionfotografoslugo@gmail.com ou ao número de fax, 982245113.


O programa deste ciclo de xornadas formativas é o que segue:


- 15 e 16 de novembro de 2008

Tema: Fotografía Dixital. Quimigramas.

Relator: Muel (www.muelfotografo.com

Lugar: R. Manuel Manuel. Lugo.

Prezo: 50 € (inclúe xantar).


- 19 e 20 de novembro de 2008

Tema: Fluxo de trabllo e preparación de imaxes.

Relator: Saúl e Jorge, Carlos Fotógrafos (www.carlosfotografos.com)

Lugar: Casa Grande de Nadela. Nadela. Lugo.

Prezo: 70 € (xantar incluído).


- 29 e 30 de novembro de 2008

Tema: Fluxo de traballo e tratamento. Lightroom.

Relator: Claudio de la Cal. (www.fotojuanjo.com)

Lugar: CEI –Lugo


- 10 e 11 de decembro

Tema: Fotografía Dixital.

Relator: Pepe Faraldo (www.pepefaraldo.com)

Lugar: R. Manuel Manuel. Lugo.

Prezo: 50 € (inclúe xantar).


- 15,16 e 17 de decembro de 2008

Tema: Vídeo. Edición e montaxe de imaxes.

Relator: Miguel Granero. (www.granerovideo.com)

Lugar: CEI –Lugo.