Ya.com adiante no SIMO o que será a súa televisión por ADSL
mércores, 8 de novembro do 2006
Ya.com, a filial española de T-Online (Deutsche Telekom), presentará durante o SIMO o que será o seu servizo de televisión por ADSL que integrará programas, contidos e servizos interactivos.
Para o lanzamento desta nova solución multimedia, Ya.com conta coa colaboración de Multicanal (empresa responsable de canles coma Xtreme Sports, Canal Cocina, Canal Historia ou Sol Música) e se baseará na plataforma Microsoft TV ofrecendo máis de 30 canles temáticos de televisión, contidos baixo demanda e outras aplicacións.
O expositor de Ya.com servirá para dar a coñecer os novos servizos de televisión por ADSL que están a preparar,que se poderán comprobar en directo, e incluso será posible o achegamento a contidos altamente interactivos na Zone Demo, con 4 aplicacións audiovisuais distintas sobre IPTV desenvolvidas por Alcatel como poden ser Amigo TV (que permite chatear durante a emisión dun programa) ou My Own TV (que permite facer a nosa canle de televisión para o que incluso se poden incorporar vÃdeos caseiros).
