Yahoo! Noticias podería complementar a súa información con ligazóns a blogs

xoves, 11 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Baixo as novas podería aparecer un recadro con ligazóns a entradas relacionadas publicadas en blogs

O servizo Yahoo! Noticias parece estar adaptándose ao fluxo informativo que cada vez circula máis por medios fóra dos tradicionais, de xeito que as novas que publican aparecerán completadas non só con ligazóns xornais en liña, senón que tamén incluirán referencias a blogs, o que axudará a ampliar a información sobre os temas de actualidade.
O cambio tamén supón o axuste ao ancho das pantallas actuais (modificación que xa está visible na versión española, e que aínda non se implantou na versión norteamericana). Ante a filtración destas modificacións a través de distintos blogs (pois se podían consultar modificando lixeiramente o enderezo das páxinas con novas) xa non se poden visualizar directamente, aínda que podemos botarlle unha ollada dende unha copia arquivada dunha desas páxinas.