Yes.fm achega 2 millóns de cancións mediante streaming
mércores, 10 de setembro do 2008
A xente que
guste de escoitar música a través da Internet sen descargala previamente ten
unha nova opción, Yes.fm, que comeza
hoxe a operar, e conta cun catálogo de máis de 50.000 artistas e 2 millóns de
cancións de todos os xéneros grazas
a acordos coas 4 grandes distribuidoras (Universal, Warner Musica,
Sony BMG e EMI) e con selos independentes (coma BOA ou Subterfuge).
O acceso se fará medirante un modelo de subscrición flexible que conta con
modalidades que van dende o abono mensual (que custa 9,80 euros/mes e que se
pode contratar o primeiro mes por só 2 euros) ata bonos por horas (que incluso
se poden pagar por SMS ou chamadas telefónicas).
O novo servizo ten vocación de rede social, polo que participantes poderán
relacionar e compartir listaxes de reprodución.

