Yo Presidente, o novo simulador político adaptado á realidade española

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Planeta DeAgostini lanzará o vindeiro 3 de marzo, aínda en plena campaña electoral, o videoxogo Yo Presidente. Objetivo: La Moncloa, un simulador xeopolítico que pemritirá ó xogador establecer as estratexias precisas para chegar e manterse no poder.
Este título é unha adaptación dun xogo semellante que se lanzou antes dos pasados comicios franceses, traducíndose e axustándose á realidade española.
O xogo permite elixir o país que se quere chegar a gobernar, e tamén permite establecer relacións internacionais e ter en conta á prensa na toma de decisións.

Imaxes do xogo

Un complexo título que premite afrontar, entre outros escenarios, os vindeiros comicions do 9 de marzo (mesmo tomando o papel do presidente saínte). Así pois o Yo Presidente permite tanto o xogo libre coma orientado a misións, e presenta 30 escenarios orixinais e misións nos que se abarcan diferentes ámbitos e situacións (estabilidade medioambiental, aforro enerxético, ameazas terroristas, invasións militares, catástrofes naturais…).
O videoxogo custará 29,95 euros e é de agardar que estea presente en quioscos de toda España.

PUBLICIDADE