YouTube abre máis a súa API
mércores, 12 de marzo do 2008

- Animoto permite publicar directamente en YouTube os vÃdeos producidos pola súa plataforma
O servizo de vÃdeo de Google, YouTube, está a abrirse cada dÃa
máis a desenvolvedores alleos á compañÃa, de xeito que xa non se poden integrar
os seus contidos en páxinas web, senón que cada dÃa están máis presentes en
máis dispositivos coma reprodutores multimedia, cámaras fotográficas dixitais
ou teléfonos móbiles, e mesmo en aplicacións informáticas e videoxogos.
Agora, YouTube avanza neste eido, e achega unha colección de
novas capacidades que permiten cargar vÃdeos a YouTube, engadir ou editar
información sobre os vÃdeos (tÃtulo, descripción, comentarios…), acceder a
información sobre os vÃdeos máis vistos, os máis valorados… de 18 versións
internacionais do servizo, realizar consultas optimizadas para as distintas
versións locais e personalizar a interface de uso do seu reprodutor multimedia.
As aplicacións destas novas funcións poderÃan ser moi amplas, e como exemplo
termos ó agardado xogo Spore,
que permitirá a gravación de vÃdeos do mesmo que se poderán publicar
directamente en YouTube; a ferramenta Animoto,
que permite crear vÃdeos musicais coas nosas fotografÃas e subilos a YouTube;
ou mesmo para publicar
cursos e conferencias na Rede de xeito automatizado.
