YouTube celebra o Aninovo por todo o mundo

martes, 2 de xaneiro do 2007 Marcus Fernández

O servizo en liña máis popular de 2006, YouTube, decidiu celebrar a chegada de 2007 dun xeito especial, polo que realizou un seguimento das celebracións de Fin de Ano por todo o mundo, ás que sumou saúdos de celebridades e usuarios contando para tal co patrocinio de Warner Music e Chevrolet.
Así, por unha parte se puideron seguir concertos por todo o mundo a través de YouTube, aínda que os usuarios con máis sona da web de vídeos tamén viron como as súas mensaxes se viron recompiladas para que calquera poida ver cómo desexaban un bo aninovo ó resto de youtubers.
Incluso algún usuario realizou celebrar o aninovo dun xeito moi especial: