YouTube estrea un reprodutor de vÃdeos personalizado
venres, 20 de xullo do 2007
Trala compra de YouTube por parte de Google parece
que o servizo de vÃdeos non quere quedar durmido e as melloras tanto da súa web
coma do reprodutor continúan a avanzar dÃa a dÃa para estar á altura dos seus
competidores, e agora unha
nova caracterÃstica agradará a moitos que queiran darlle unha nota de cor á
integración do reprodutor ás súas webs e blogs, pois estrean un reprodutor personalizado.
O novo reprodutor configúrase de xeito doado, tendo o usuario que pórlle un
nome e unha descrición, seleccionar as súas cores dentro dunha selección,
marcar o seu formato (estándar, ou con vÃdeos relacionados á súa dereita) e o
contido do reprodutor (que pode incluÃr vÃdeos da nosa conta de YouTube, a nosa
listaxe de favoritos ou calquera lista de reprodución que definamos).
A posibilidade de definir as cores do reprodutor é posiblemente a caracterÃstica
máis desexada polos usuarios do servizo que teñan páxinas web en cores nas que
o gris tradicional do servizo non queda esteticamente ben, mentres que a opción
que engade vÃdeos relacionados á dereita duplicando o ancho do reprodutor é o máis
semellante que hai a algunha das autoproclamadas
televisións na Internet, de xeito que resulta moi axeitado para páxinas de
entrada ou canles de vÃdeo dalgúns sitios web que non contan coa tecnoloxÃa
como para desenvolver o seu propio contorno de publicación de clips de vÃdeo.
Podemos ver un exemplo deste último caso:
