YouTube incorpora anotacións nos vÃdeos
xoves, 5 de xuño do 2008

- O novo servizo permite desenvolver xogos interactivos
Os servizos web coma Flickr permitÃan
facer anotacións nas nosas fotografÃas (para marcar os nomes das persoas que
aparecen ou describir obxectos) e agora YouTube fai algo semellante cos vÃdeos
indo incluso máis aló. AsÃ, estrea as anotacións de vÃdeo,
que permiten engadir aos nosos clips caixas de textos que poden empregarse para
engadir información de interese ou coma elemento narrativo, pero que incluso
están abertos á interacción, de xeito que serven para crear historias con
varias posibilidades (algo semellante ao concepto dos libro-xogos) ou para
establecer ligazóns a outros vÃdeos de YouTube.
Polo momento só
é posible engadir estas funcións aos nosos vÃdeos se accedemos a YouTube na súa
versión en inglés, e polo momento tal efecto só funciona dentro de
YouTube (no futuro poderase utilizar este efecto nos vÃdeos incrustados noutras
webs).
Para facernos unha idea das posibilidades desta nova prestación dende YouTube
prepararon varios vÃdeos nos que se ilustra o truco da carta máxica,
unha historia dun salto
de avioneta en paracaÃdas narrado coma se fose un cómic e un xogo interactivo
consistente en atopar a bola vermella debaixo de 3 vasos de plástico.

- As anotacións permiten facer narración tipo cómic
