YouTube incorpora botóns de compra durante a reprodución dos seus vÃdeos (para o público estadounidense)
mércores, 8 de outubro do 2008

- Como exemplo podemos ver que durante un videoclip de Katy Perry aparecen os botóns de compra da súa canción en Amazon MP3 e iTunes
O modelo de
negocio de YouTube é todo un misterio, pois xa dende a súa compra por parte de
Google parecÃa difÃcil poder manter economicamente o servizo presentando un
bloque de publicidade durante as buscas, e nos últimos meses están a
experimentar distintos formatos publicitarios que se poidan adaptar ao formato
de vÃdeo, sendo a última innovación a incorporación
de botóns Click-to-buy en vÃdeos
musicais ou trailers de videoxogos, de xeito que mentres escoitamos
unha canción se nos insta a mercala en Amazon MP3 ou en iTunes, e mentres vemos
un avance dun xogo tamén podemos adquirilo en Amazon de xeito doado.
As ligazóns para mercar música e videoxogos están presentes polo momento en
clips de EMI Music ou do videoxogo Spore
(de Electronic Arts), e coma plataformas de comercio electrónico asociadas se
limitarÃan polo momento a iTunes e Amazon, aÃnda que agardan que pouco a pouco
outras industrias se vaian sumando a esta iniciativa, pois esta fórmula de
promoción comercial estarÃa bastante ben dirixida ao seu público obxectivo.
Dende YouTube pretende ir engadindo ligazóns ás compras de temas musicais na
meirande parte dos seus vÃdeos musicais e, aÃnda que nos primeiros meses esta
solución só se aplicará a usuarios norteamericanos, agardan unha futura
expansión internacional.
Con esta innovación en YouTube, o portal de vÃdeos de Google reducirÃa
a súa dependencia dos anuncios, e se meterÃa de cheo no comercio
electrónico, de xeito que poderÃa aproveitar a temática dos vÃdeos en
reprodución para suxerir a adquisición de programas de televisión, pelÃculas,
libros, revistas e toda clase de produtos. Este tipo de ligazón normalmente é
moito máis rendible que os anuncios, pois en vez de xerar ingresos
publicitarios se transforman en comisións de compra.
