YouTube incorpora un sistema de identificación de vÃdeos
martes, 16 de outubro do 2007
Hai uns meses, Google anunciou que estaba a
traballar na incorporación dun sistemade protección contra os contidos non
autorizados en YouTube, e finalmente anuncian a integración en fase de probas
do YouTube Video
Identification, que axudará ós creadores de contidos á súa identificación
na plataforma de vÃdeos de Google para recoñecelos segundo unha ampla gama de
factores que determinarán a pegada
dixital dos clips.
A nova solución tecnolóxica non só permite eliminar contidos protexidos, senón
que algúns autores poderán preferir achegar unha parte dos ingresos
publicitarios en YouTube como compensación para a súa publicación mediante tal
sistema.
A
ferramenta de identificación de vÃdeos de YouTube reforzará medidas actuais
como a limitación da duración de 10 minutos ós contidos publicados no portal de
vÃdeos, asà como reforzarán as advertencias sobre o respecto ós dereitos de
reproducción. Ademais, os vÃdeos que se eliminen nun momento dado non poderán
volver a subirse a YouTube (xa que quedará rexistrada a súa sinatura) e as contas dos usuarios que
reincidan nas infraccións das normas do sistema eliminaranse.
