Zattoo incluirá as emisións internacionais da TVG na súa oferta televisiva
mércores, 2 de xaneiro do 2008
A plataforma de retransmisión televisiva a
través de tecnoloxÃa P2P, Zattoo, está a ser
moi ben acollida en España como unha solución para ver a televisión no
ordenador sen precisar dunha tarxeta sintonizadora, contando só con conexión á
Rede; e para celebrar as festas incrementan a súa oferta de canles con Aragón
Televisión, TVC Internacional, Popular TV, Canal Parlamento e The Poker Channel
e, durante o mes de xaneiro tamén incluirá Bloomberg TV e TVG Europa.
Na actualidade Zattoo xa permitÃa ver dende ordenadores españois as canles ABC
News Now, Antena 3, Cuatro, Deutsche Welle, Extremadura TV, France 24 English,
La 1, La 2, laSexta, SF info, Telecinco e TVP Polonia.
Por desgrazas para os usuarios desta plataforma, a incorporación de 7 novas
canles vén acompañada co cese de 2 canles de RTVE, Teledeporte e Canal 24
Horas, que abandonan o servizo a petición do ente público estatal.
