Zinio permite consultar de balde dende o iPhone 18 revistas dixitalizadas
luns, 26 de novembro do 2007
Para aproveitar a repercusión mediática que está a
ter o iPhone, o provedor de revistas dixitalizadas a través da Internet Texterity permite dende o
verán o acceso de balde de tÃtulos coma Vibe,
Statement, Make ou Avenue dende o móbil
de Apple, e agora séguelle os pasos Zinio, empresa que tamén permite
a consulta de balde de 18 das revistas que distribúe en formato electrónico,
aÃnda que nesta ocasión se trata de publicacións de bastante sona coma Macworld, Playboy, Men’s Health, Penthouse, Photo, Car and Driver, Lonely Planet ou Maxim.
O servizo de Zinio permite consultar as páxinas das revistas tanto páxina por páxina
como a través do Ãndice de contidos, podendo o usuario moverse polas páxinas e
facer zoom para achegarse e mellorar
a lectura dos textos das publicacións.
É de supor que todas estas promocións só serán de balde inicialmente e
pretenden crear unha demanda entre os consumidores, para comercializar no
futuro os contidos dixitais adaptados ós móbiles de última xeración.
