eBay comeza a vender entradas a espectáculos en España
mércores, 30 de xullo do 2008
eBay chegou a un acordo con Entradas.com para ofertar a través da web entradas
para espectáculos culturais e deportivos en España, de xeito que os usuarios
poden acceder ao novo servizo
para mercar entradas para o cine, o teatro, eventos deportivos, exposicións e
parques con descontos
que van dende o 25 ata o 50%.
Con este proxecto eBay
aspira a converterse «nun dos grandes distribuidores de entradas nos vindeiros 3 anos»,
aproveitando o feito de que a compra de entradas é unha das transaccións máis
habituais a través da Internet, movendo en España uns 270 millóns de euros/ano.

