iGoogle incorpora novos gadgets
venres, 17 de outubro do 2008
- iGoogle permite acceder a moitos tiras cómicas sen saÃr da súa páxina
O portal
personalizable de Google incorpora novas prestacións, de xeito que os usuarios
que gusten de empregar iGoogle
para ler novas, acceder o e-mail, mirar as cotizacións bolsistas, consultar as
condicións meteorolóxicas ou ver fluxos RSS contan
agora con novos gadgets informativos (con novas de xornais coma o
The New York Times, The Wall Street Journal ou o The Washington Post), xogos (Sudoku),
de lecer (para ver información sobre a programación da televisión, as datas de
concertos ou ficheiros MP3 que se ofrecen de balde na web) ou módulos de Google
que facilitan o uso de Gmail ou de Google Finance. Tamén se poden colocar
bloques con tiras de prensa achegadas a través de GoComics (coma Garfield ou Doonesbury) ou con vÃdeos de YouTube e CurrentTV.
A incorporación de novos
gadgets mellora a utilidade de versatilidade de iGoogle, aÃnda que a
meirande partes dos módulos desenvolvidos para o servizo están optimizados para
usuarios norteamericanos, asegurando dende Google que están a traballar na
internacionalización deste sistema.