iGoogle: personaliza a portada do buscador web máis popular
mércores, 2 de maio do 2007
AÃnda que pareza o
contrario, iGoogle non é un novo produto
de Apple, senón que se trata dun novo xeito máis interactivo de acceder ó
popular buscador de Internet creado por Sergey Brin e Larry Page, que permite a
creación dunha páxina de inicio personalizada polo usuario, de xeito que non só
serve para realizar pescudas na web, senón que tamén achega información meteorolóxica,
os fluxos RSS dos novos medios favoritos, atallos a servizos (coma dicionarios
ou mapas), xogos, chistes ou o correo electrónico.
Todos estes engadidos á portada de Google son gadgets ou pequenas aplicacións doadas de crear
e das que xa hai unha completa
oferta e que pretenden
mellorar a experiencia de usuario de xeito que, por exemplo, cando un
usuarios indique a posición do seu fogar mediante Google Maps verá coma os seus
resultados de busca se adaptan á súa localización xeográfica.
Esta tendencia personalizadora non desbota a aparencia tradicionalmente limpa de Google (chave no seu éxito
pasado) senón que será unha opción para os usuarios que estean interesados na
adaptación do buscador ós seus gustos e intereses.
