miMovistar Ficción integrará Apple TV+

martes, 3 de decembro do 2024 Marcus Fernández

Movistar vén de chegar a un acordo con Apple TV+ para integrar a súa oferta audiovisual no seu paquete miMovistar Ficción a partir do vindeiro día 20, converténdose no primeiro operador español en incorporar a plataforma de vídeo baixo demanda da compañía da mazá.
Dende xeito, series como Ted Lasso, The Morning Show, Fundación, Slow Horses e Disclaimer e películas como Wolfs e La otra cara de la Luna estarán dispoñibles para os subscritores de miMovistar Ficción sen custo adicional.
A integración de Apple TV+ en Movistar vai máis aló dos descodificadores, pois tamén será posible consumir os seus contidos en televisores, ordenadores e dispositivos móbiles, dende un único sitio, sen ter que andar a saltar entre aplicacións.