nVIDIA prepara monitores de 65 polgadas para xogar
luns, 8 de xaneiro do 2018
Unha
das grandes sorpresas desta edición do CES de Las Vegas para os xogadores máis
intensivos é a última proposta de nVIDIA, que consistirá na creación dunha nova
liña de monitores de distintos fabricantes que coñeceranse co nome de Big
Format Gaming Displays (BFGD) ou pantallas de grande formato para xogar, o que
pretende converterse nunha especie de estándar de calidade para usuarios
esixentes.
As
primeiras BFGD chegarán este ano da man de Acer, Asus e HP, e serán
pantalla de 65 polgadas cunha resolución de 3.440 x 1.440 pÃxeles con G-SYNC e
HDR (ata 1.000 lumenes) que incluso integrarÃan nVIDIA SHIELD, unha versión de
Android TV para poder gozar de contidos 4K de YouTube, Netflix, Amazon Prime
Video e outros servizos, asà como de sistemas de xogo en streaming (como GeForce NOW e GameStream). As pantallas funcionarán
a 120 Hz, ou sexa, que teñen como prioridade a velocidade, de aà que non
aspiren a ter 4K nativos polo momento, e non sempre apostarán polo máximo
refresco, senón que cos contidos audiovisuais procurarán adaptarse ao máximo ao
formato orixinal.
AÃnda que estas pantallas están optimizadas para xogar co PC, tamén funcionarán
de xeito estupendo con consolas de videoxogos, permitindo asà gozar tanto da
súa elevada velocidade de resposta como da súa calidade de imaxe.
VÃdeo de presentación das pantallas de grande formato para xogar de nVIDIA
