151 millóns de euros de sanción a Telefónica por abuso de posición dominante na banda larga

xoves, 29 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O Tribunal Xeral da Unión Europea confirma a multa de máis de 151 millóns de euros imposta pola Comisión a Telefónica por abuso de posición dominante no mercado de acceso á Internet de banda larga en España entre setembro de 2001 e decembro de 2006 ao impor prezos non equitativos aos seus competidores estreitando as marxes entre os prezos de acceso minorista de banda larga e os prezos de acceso maiorista rexional e nacional de banda larga.
A multa por valor de 151.875.000 euros a Telefónica fora decidira o 4 de xullo de 2007, e ante o recurso da compañía ante o Tribunal Xeral, agora confírmase a sanción. De feito, o Tribunal Xeral desestima todos os argumentos de Telefónica, confirmando que a compañía ocupaba unha posición dominante, abusando desta situación ao reducir as marxes de explotación aos seus competidores (que comercializaban produtos de banda larga a través de liñas telefónicas fixas).