2011 rematará con máis de 1.000 millóns de usuarios de banda larga móbil

martes, 11 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Hai uns 5 anos o número de usuarios da Internet a nivel mundial chegaba aos 1.000 millóns, e tal volume de usuarios podería ser os que accedesen á banda larga móbil a finais do presente ano segundo Ericsson, compañía que aseguran que en 2010 superáronse os 500 millóns de subscritores de banda larga móbil, polo que as súas proxeccións son bastante optimistas, xa que contan co que a base de usuarios dóbrese en pouco máis dun ano.
Dende Ericsson aseguran que o rápido espallamento de smartphones, portátiles e tablets están a acelerar a adopción da banda larga móbil, así coma o consumo de datos a través desta tecnoloxía, o que está a levar aos operadores a avanzar na implantación de redes LTE (4G), aínda que as tecnoloxías 3G máis avanzadas permiten velocidades o suficientemente elevadas (21 Mbps) para garantir boas conexións mentres non se salte de xeración de tecnoloxía móbil.
De continuar a tendencia actual, a xente de Ericsson pensa que o número de usuarios de banda larga móbil en 2015 podería chegar aos 3.800 millóns, dos que o 95% empregaría redes HSPA, CDMA e LTE.