Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Qbitia presenta os seus produtos innovadores na Casa da Luz de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Qbitia presenta os seus produtos innovadores na Casa da Luz de Pontevedra

Redacción
Publicado: 25/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

qbitia_pontevedra.jpgA empresa galega Qbitia, da que falamos en Código Cero para dar conta (entre outras cousas) dos moitos recoñecementos que atesoura no seu haber (por exemplo ter sido finalista na sétima edición dos premios The Technical Analyst Awards, ou ter sido obxecto do Premio Emprendedor XXI de La Caixa en 2013), fixo os días pasados unha presentación en Pontevedra da súa actividade e dos seus produtos innovadores presentes e futuros, entre os que se conta unha solución de software xa dispoñible que permite facer seguimento e control de estratexias de investimento e cobertura de mercados. A cita de Qbitia Solutions con profesionais, estudantes e cidadanía en xeral desenvolveuse na Casa da Luz ao abeiro do programa Pontevedra ten un Puntazo. O relator foi Luis Taboada, socio fundador e director executivo da firma, amais de presidente de Infomercados.com. Foi presentado por Alberto Oubiña, concelleiro de Novas Tecnoloxías.
Segundo fixo saber Taboada, a súa start-up naceu en 2011, cando catro compañeiros da Facultade de Física de Santiago de Compostela decidiron “pór na práctica unha idea e transformala nunha empresa”. En catro anos, explicou, a firma pasou de estar emprazada no salón da casa dun dos seus fundadores a ser unha empresa con 22 traballadores e cunha oficina de representación en Londres. “Hoxe”, dixo, “a empresa traballa coas principais Bolsas do mundo como Madrid, Londres, Nova York ou Chicago e até o de agora ten logrado acadar ata 1,5 millóns de euros de financiamento dos principais fondos nacionais e internacionais”.
O produto estrela da compañía, relatou o seu CEO, non é outro que Qcaid, “unha plataforma que permite o deseño, análise e execución automatizada de estratexias de investimento de maneira centralizada, en tempo real e sen coñecementos de programación”. Foi seleccionado en 2014 entre os catro produtos máis innovadores do mundo para mercados de divisas no London Forex Magnates e, en 2015, foi finalista nos devanditos premios The Technical Analyst Awards celebrados en Londres como a mellor plataforma de investimento nos mercados financeiros a nivel mundial.
Os obxectivos de futuro da compañía pontevedresa pasan por “seguir espallándose por Europa e América e acceder aos mercados máis importantes de Asia e América Latina”.
Pontevedra ten un Puntazo é un programa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade e da Concellería de Cultura para a conexión e posta en valor e promoción das empresas locais que traballan no eido da cultura, da creación e da innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?