
Como lembraremos, a empresa fundouse en 1992 da man de Esteban Solleiro, enxeñeiro de Telecomunicacións ourensán, que iniciou a súa andaina no ámbito da recepción doméstica de TV e no mercado de microrepetidores analóxicos. En 2007, logo de adxudicación en 1999 do contrato para o primeiro despregue da rede de TDT en España e de terse convertido no principal fornecedor de equipos de transmisión de TV dixital en España, arrinca o seu proceso de internacionalización que se mantén na actualidade e que se ten materializado nos equipamentos de TDT en países como México, Alxeria, Tanzania, Marrocos, Arxentina, Colombia, Kenia, Uruguai, Chile ou Panamá, entre outros. Respecto da importancia dos negocios de EGATEL no exterior, representan xa o 85% da cifra total de negocio.
A día de hoxe segue en activo unha clara e firme estratexia de diversificación que se artella no deseño de produtos e servizos orientados á apertura de novos nichos de mercado. O “máximo expoñente” desta estratexia é a tecnoloxía SmartLNB (premiado este ano pola asociación Ineo), un produto que en palabras de EGATEL “está a revolucionar o sector das comunicacións por satélite”. Ademais, no período 2015 – 2016 a empresa investiu máis de 3,5 millóns de euros en I+D+I e participou en diferentes proxectos de innovación en colaboración con outras empresas, universidades e centros tecnolóxicos no ámbito das comunicacións marítimas, aeronaves non tripuladas e vehículos conectados.
EGATEL ten sede central en Ourense, pero conta con delegacións en Madrid, Arxentina, Chile e México.
EGATEL celebra os seus 25 anos de andaina innovadora
Compartir Este Artigo

