Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Verónica Bolón galardoada pola Real Academia de Ingeniería
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Verónica Bolón galardoada pola Real Academia de Ingeniería

Redacción
Publicado: 08/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_f-qmfcywaaazemq.jpgA Real Academia de Ingeniería vén de facer pública a concesión dos Premios Novos Investigadores do ano 2023. Entre as premiadas atópase a profesora e investigadora da Universidade da Coruña Verónica Bolón Canedo, quen acadou unha das medallas outorgadas pola institución.
A Medalla concédeselle polas súas contribucións na área da aprendizaxe de máquina, onde as súas investigacións resultan altamente citadas. Segundo a institución, os seus traballos destacan pola súa variada aplicación social, abarcando áreas como o diagnóstico de retinopatía, a corrección automática de exames no ámbito educativo e, ultimamente, nunha nova área da intelixencia artificial que busca desenvolver métodos computacionais máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.
veronica-bolon_1700737015.jpg Bolón Canedo é profesora Titular da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da UDC.
Autora de numerosos artigos científicos e varios libros completos, así como capítulos de libros, coa súa investigación recibiu o Premio Frances Allen á mellor tese de doutoramento realizada por unha muller en Intelixencia Artificial, concedido pola Asociación Española para a Intelixencia Artificial no ano 2015, e o Premio Dona TIC Revelación da Generalitat de Cataluña no 2020. Nese mesmo ano 2020, tamén foi seleccionada como Académica de Número da Academia Joven de España como recoñecemento á súa excelente traxectoria científica e profesional. Ademais, desde o ano 2022 é Académica Correspondente da Real Academia de Ciencias Físicas, Exactas e Naturais de España.
Cabe salientar tamén o seu compromiso co fomento da vocación científico tecnolóxica entre as rapazas, coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM e participando en numerosas actividades de divulgación; así como coa lingua galega. De feito, Bolón forma parte do catálogo de referentes no uso do galego que publicou onte, día 7 de novembro, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua).
A Medalla da Real Academia de Ingeniería seralle entregada o vindeiro 21 de novembro nun acto que terá lugar na sede da institución, en Madrid.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?