60 millóns de fogares seguiron o combate de Tyson en Netflix
luns, 18 de novembro do 2024
Na madrugada entre o venres e o sábado Netflix retransmitiu un megaevento de boxeo de pesos pesados dende o AT&T Stadium (sede dos Dallas Cowboys que conta con capacidade para 80.000 espectadores), no que se enfrontaron como combate principal a celebridade da Internet Jake El Gallo Paul (irmán do polémico Logan Paul) coa lenda do boxeo Mike Tyson (quen, con 58 anos de idade, levaba máis de 19 anos fóra do cuadrilátero).
A expectación por ver o retorno de Tyson era moi grande, de aà que Netflix decidise realizar unha emisión en directo global, sen custo adicional para os seus subscritores, e con comentaristas en directo en inglés, español, portugués do Brasil, francés e alemán, contribuÃndo asà a unha xornada de records, con máis de 60 millóns de fogares conectando coa emisión (con picos de até 65 millóns de conexións simultáneas).
O combate inmediatamente anterior ao de Tyson foi o da campioa mundial do peso superlixeito, Katie Taylor, quen defendeu o seu tÃtulo ante Amanda Serrano, converténdose no combate de boxeo feminino profesional máis visto na historia con preto de 50 millóns de fogares conectando coa retransmisión.
Estamos ante o meirande evento retransmitido por Netflix, o que foi todo un reto que non se saldou sen incidencias, con moitos usuarios de todo o mundo protestando por cortes na retransmisión. AÃnda que a meirande parte dos usuarios puido ver a emisión, as incidencias deixan claro que para as plataformas de vÃdeo baixo demanda continúa a ser moi complicado competir coa televisión tradicional atendendo a un volume de usuarios simultáneos desorbitado.
Netflix ten previsto realizar máis directos no futuro (en xaneiro comezará a transmitir espectáculos de loita libre americana), polo que esta fin de semana foi unha magnÃfica proba da capacidade da súa infraestrutura de rede.