A 5G na banda dos 700 MHz chegará en breve a Melide
venres, 8 de abril do 2022
As
operadoras de telefonÃa móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron que
durante as vindeiras semanas realizarán en Melide o proceso de implantación
dos servizos de telefonÃa móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas dos 800 e
dos 700 MHz respectivamente, o que permitirá que os melidenses poidan gozar
de conexións móbiles de maior velocidade e mellor cobertura (tanto en extensión
como en penetración nos edificios).
A oferta de servizos de telecomunicacións en frecuencias antes ocupadas pola
TDT supón unha grande vantaxe para os usuarios destes servizos, que contan con
comunicacións de maior calidade, aÃnda que o feito de que estas comunicacións
se realicen a través de frecuencias próximas ás de algunhas emisións de
televisión leva a que se teña que informar en cada vila cando se activan as
novas frecuencias de telefonÃa móbil, por se algún veciño ten problemas de
interferencias, para asà poder actuar especificamente para solucionar as
incidencias que se detecten, que deberán canalizarse a través da oficina do servizo llega700.