A AEPD prepara unha Circular sobre o spam telefónico

xoves, 27 de abril do 2023 Marcus Fernández

O Philips ThinkLink parece unha excelente opción para profesionais en pequenas oficinas ou que traballen na casaA Axencia Española de Protección de Datos iniciou o trámite de audiencia para recoller a opinión dos interesados acerca do proxecto de Circular sobre a aplicación do artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 Xeral de Telecomunicacións que regula, entre outros temas, o dereito dos usuarios á protección de datos persoais e a privacidade en relación coas comunicacións non solicitadas, incluíndo o non recibir chamadas non desexadas. Deste xeito muda o réxime xurídico aplicable que existía con anterioridade e contempla no seu texto que este apartado entrará en vigor o 29 de xuño deste ano.
O artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 recolle o dereito dos usuarios a non recibir chamadas con fins de comunicación comercial, agás que exista consentimento previo do propio usuario ou que estas poidan ampararse noutra base de lexitimación das previstas no Regulamento Xeral de Protección de Datos. A Circular pretende contribuír á seguridade xurídica, tanto para os que realizan as comunicacións como dos usuarios.
Moitos usuarios recibirán aínda de maior agrado o artigo 66.1.a) da citada Lei, que recolle o dereito «a non recibir chamadas automáticas sen intervención humana ou mensaxes de fax, con fines de comunicación comercial sen ter prestado o seu consentimento previo para elo».

PUBLICIDADE