A Arroutada Party de 2011 celebrarase no Coliseum de A Coruña

mércores, 26 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe da edición de 2005 da Arroutada Party

A organización da Arroutada Party anunciou a semana pasada a cancelación do encontro tecnolóxico deste ano, adiando a súa celebración a 2012 por falta dun recinto axeitado para acoller a LAN party, pero onte a Asociación AMIGA xuntouse coa 3ª tenente de alcalde de A Coruña, Ana Mª Fernández Gómez, para intentar solucionar o conflito e, tras o compromiso por parte do Concello de realizar as melloras necesarias no Coliseum para evitar os problemas que xurdiran na pasada edición (que facían que a organización non considerase que o recinto reunise as condicións necesarias para dar acubillo a un evento desta índole), dende a Asociación AMIGA decidiron reconsiderar a súa anterior decisión, polo que entre os días 17 e 20 de novembro celebrarase finalmente a Arroutada XVIII.