Christian Palou expón en A Coruña a evolución do rol do desenvolvedor
mércores, 27 de maio do 2026
O vindeiro 3 de xuño ás 19.00 horas celebrarase na sede de DEUS unha nova sesión dos Atlántica Labs by GPUL, cun relatorio de Christian Palou centrado na evolución do perfil dos desenvolvedores cara ao rol de product engineer na era da intelixencia artificial.
A charla, titulada De developer a Product Engineer na era da IA, abordará a diferenza entre os profesionais que se limitan a executar tarefas técnicas e aqueles que tamén participan na toma de decisións sobre o produto. A partir da experiencia real en TheirStack, explicaranse prácticas como falar cos usuarios antes de desenvolver funcionalidades, medir o impacto real do que se publica, colaborar con especialistas en UX ou empregar ferramentas de IA para acelerar os ciclos de iteración.
A sesión promete un enfoque eminentemente práctico, afastado de marcos teóricos ou metodoloxÃas de moda, e incluirá exemplos aplicables tanto en startups como en consultoras. Os asistentes tamén recibirán un listado de habilidades concretas e un mapa de niveis de madurez profesional para avaliar a súa evolución dentro dos equipos de desenvolvemento.
Os Atlántica Labs buscan recuperar o espÃrito dos antigos GPUL Labs, incorporando parte da filosofÃa da AtlánticaConf, coa intención de visibilizar proxectos tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia ou por profesionais galegos, cunha especial afinidade polo software libre. Ademais das charlas técnicas, estas xuntanzas tamén pretenden funcionar como punto de encontro da comunidade tecnolóxica galega, rematando a sesión cun espazo informal para compartir conversacións arredor dunhas cañas grazas ao apoio de DEUS.
