A Aula de Informática de Milladoiro xa ten 1.137 usuarios
luns, 13 de xaneiro do 2020
A
Aula
de Informática do Milladoiro (Concello de Ames) ven de publicar a
súa memoria anual do ano 2019, ou sexa, o seu balance de
actividades e fitos, un informe positivo tanto dende o punto de vista
das accións programadas como da veciñanza implicada nas mesmas.
Segundo informa no seu informe, conseguíronse 20 novos socios e
contabilizáronse 1.137 usuarias e usuarios das súas instalacións.
Ademais,
122 persoas asistiron a algunha das xornadas ou obradoiros que
desenvolve a aula trimestralmente, o que “supón un aumento do
número de persoas asistentes ás actividades, en concreto, 30 máis
ca no ano 2018”, engadiu o Concello, que lembrou
os días pasados que xa se pode consultar o programa de actividades
formativas da Aula para este ano que comeza.
Dende
2003
A
Aula de Informática do Milladoiro nace no ano 2003 co obxectivo de
ofrecer á veciñanza un espazo formativo aberto que poida ser
empregado por calquera persoa empadroada no Concello. Ademais,
imparte diferentes xornadas, actividades e obradoiros relacionados ca
informática, destinados a diferentes sectores de poboación.
Durante
os horarios de apertura, que son de luns a xoves de 16.00 a 20.00
horas e os venres de 9.30 a 13.30 horas, os usuarios e usuarias poden
facer traballos persoais, crear e/ou consultar o correo electrónico,
ler o xornal, xogar, buscar información, practicar o aprendido nos
cursos...
Por
outra banda, a Aula ten un programa estábel de actividades
relacionadas ca informática, Internet e mecanografía, convocadas de
maneira trimestral (agás nos meses de agosto a setembro, que só hai
horario de 10.00 a 13.00 horas).