PromovELAS móstranos en dúas sesións os segredos da promoción dixital de contidos
venres, 26 de abril do 2024
O luns 29 de abril, ao abeiro do ciclo PromovELAS, celebrarase unha mesa redonda con tres profesionais do sector audiovisual centrada na importancia do traballo promocional. A xornada, que se desenvolve baixo o epÃgrafe Fomentando a promoción de perfÃs femininos no sector audiovisual, vaise complementar o vindeiro 6 de maio cunha clase maxistral a cargo de Chelo Loureiro, gañadora do Goya 2024 á mellor curtametraxe de animación por To bird or not to bird, tamén encadrada en PromovELAS.
Dúas actividades
Nun esforzo por promover a igualdade de xénero e destacar o papel fundamental das mulleres na industria audiovisual, o alumnado de Creación dixital, Animación e Videoxogos, levará a cabo o programa PromovELAS na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Haberá dúas sesións, sendo a primeira unha mesa redonda e a segunda unha masterclass. Ambas estarán enfocadas cara o ámbito da promoción e a súa importancia no traballo das participantes.
A mesa redonda contará coa presenza de Cristina GarcÃa, Virginia Curiá e Isabel. Será o luns 29 ás 17:00 horas. A sesión ofrecerá un espazo de diálogo no que se falará do traballo das tres relatoras e da súa situación dentro do sector audiovisual, asà como da maneira de promover o seu traballo e o impacto que isto ten na súa traxectoria profesional. Deste xeito, Virginia Curiá (animadora, directora e guionista en AlgarabÃa Animación), Cristina GarcÃa (deseñadora en Merge Games Ltd) e Isabel DÃaz (TD en Skydance Animation e enxeñeira de software en Nomasystems S.L.) compartirán a súa experiencia e visión, asà como métodos e consellos para promocionarse e dar a coñecer o seu traballo. A mesa redonda durará ata as 18:00h e ofrecerá un espazo aberto, no que, en contacto directo co público, resolveranse posÃbeis dúbidas.
A clase maxistral con Chelo Loreiro celebrarase baixo o tÃtulo Entre frames e contactos: Networking con Chelo Loureiro e será o 6 de maio ás 17.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus de Elviña). Loureiro falará da súa traxectoria profesional no ámbito audiovisual, brindando consellos prácticos e motivación para aquelas persoas que buscan introducirse no mercado laboral e comezar o seu camiño neste sector.
O evento será gratuÃto e aberto ao público ata completar o aforo. ConvÃdase a participar a todas as persoas interesadas, tanto dentro como fóra da comunidade universitaria.