A CMT autoriza a Ekoplc para dar servizos de telecomunicacións a través das redes eléctricas dos edificios
mércores, 20 de decembro do 2006
A Comisión
do Mercado das Telecomunicacións recoñeceu a Ekoplc
para operar coma provedor de acceso á través da rede eléctrica e para ofrecer
servizos de comunicacións electrónicas, de xeito que se converte na primeira
empresa recoñecida e autorizada pola CMT para dar acceso á Internet a través de
PLC-In-Building.
Esta solución tecnolóxica consiste no aproveitamento dunha conexión á Internet
de banda ancha para o seu espallamento a través da rede eléctrica interna dos
edificios para ofrecer solucións de datos, voz e vÃdeo mediante a plataforma
Eko Suite, que combina equipamento fÃsico, aplicacións informáticas e servizos
conformando un proxecto integral.
