A CMT destaca a cobertura 3G da provincia de Ourense
luns, 26 de agosto do 2013

- Mapa da cobertura 3G en 2012
A Comisión Nacional do Merado das Telecomunicacións (CMT)
fixo público o seu informe anual correspondente a 2012, no que inclúen o mapa
de cobertura 3G en España, tecnoloxÃa que mellorou moito en penetración en
toda a xeografÃa española, chegando de media ao 97,9% da poboación, aÃnda que é
especialmente rechamante que a provincia galego de Ourense conseguise quedar na
segunda posición do Estado co 99,9% de cobertura, só por detrás de Palencia
(100%). Estes datos contrastan co de Badaxoz, provincia que ten só un 78,7% de
cobertura.
A evolución da cobertura 3G en España foi notable nos últimos anos, pasando
duns modestos 90,3 e 91,4% dos anos 2008 e 2009 ata os 95,1, 94,8 e 97,9 de
2010, 2011 e 2012 respectivamente. O regulador considera como cobertura 3G á
que asegura unha velocidade na transmisión de datos superior aos 300 Kbps.
