A CMT quere regular a instalación da fibra óptica no interior de edificios

luns, 3 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Exemplo dunha edificiación sen a infraestrutura común de telecomunicacións

Para o espallamento ordenado das redes de fibra óptica no interior dos edificios (algo que será cada vez máis habitual para a Internet de banda larga e outros servizos asociados) a Comisión do Mercado de Telecomunicacións vén de presentar unha proposta de regulación aberta a consulta pública á Comisión Europea e outros reguladores antes da súa aprobación definitiva, e que nun primeiro momento obrigaría ao primeiro operador que leve a súa rede FTTH a un edificio a compartir os seus recursos (caixas terminais, acometidas verticais, etc.) co resto de operadores que queiran acceder a ese edificio no futuro, pois de non facerse tal se podería limitar a competencia no futuro (en boa medida porque a meirande parte das edificacións españolas non están equipada coa infraestrutura común de telecomunicacións) xa que resultaría moi complexa a instalación vertical de varias infraestruturas de comunicacións.
A proposta da CMT buscaría impedir os «monopolios locais» no interior dos edificios, de xeito que o primeiro operador en instalar a súa fibra óptica pecharía a entrada aos seus competidores nos mesmos.
A futura normativa fixaría obrigas simétricas (iguais para todos os operadores) en base a acordos recíprocos e prezos razoables que, de non chegar a bo porto poderían levar á intervención da CMT.