A CNMC abre expediente sancionador a Telefónica polo seu abandono das redes de cobre
venres, 24 de xullo do 2015
O marco español de telecomunicacións leva uns anos de
grandes cambios, e a división entre as vellas conexións de par de cobre das que
Telefónica era o operador dominante e as redes baseadas en fibra óptica está a
diluÃrse, en boa medida porque Telefónica mudou de estratexia radicalmente,
apostando decididamente pola fibra óptica ata o fogar, deixando as vellas redes
nun segundo plano e incluso deixando tecnoloxÃas como o ADSL só para os
usuarios aos que non pode chegar con fibra óptica, o que está a ter efectos
perniciosos para as compañÃas e os usuarios que non gozan das novas redes de
comunicación, o que levou á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia a incoar
un expediente sancionador a Telefónica por indicios de irregularidades na
xestión das avarÃas nas liñas de cobre que alugan aos operadores alternativos.
Os datos dos que dispón a CNMC reflectirÃan unha degradación no mantemento da
rede de cobre de Telefónica e nos servizos que presta aos operadores
alternativos, superando o prazo de 15 horas para o tempo medio de reparación de
avarÃas na súa rede.
Telefónica tamén terÃa atribuÃdo aos operadores avarÃas que lle son imputables,
polo que se enmascara o nivel real de mantemento da rede de Telefónica.
AÃnda que polo momento só se fala de indicios, a investigación da CNMC durará
un máximo de un ano, prazo no que se resolverá o expediente ao que Telefónica
pode presentar alegacións no prazo dun mes.
Cómpre lembrar que Telefónica ten previsto que de aquà a 2020 todos os
concellos de máis de 1.000 habitantes teñan cobertura de fibra óptica, de aÃ
que estea a apagar progresivamente as centrais de ADSL, o que poderÃa
considerarse algo razoable se temos en conta que está a implantarse unha
mellora tecnolóxica, pero os organismos reguladores da competencia deberán
establecer as medidas que fagan que estes cambios non prexudiquen aos
consumidores.
